
Novamente a cidade acolle este festival internacional, un despilfarro máis, outro atentado ecolóxico á ría, outra limpeza de cara do exército e da súa verdadeira función.
Máis info en: www.nonaogastomilitar.org

Temos o gusto de comunicarvos os cursos e actividades que temos na Asociación. Pouco a pouco tratarémos de encher máis o calendario.
Iniciación ó BAILE GALEGO, todo-los LUNS e MÉRCORES ás 20:30
INGLÉS para adultos, todo-los XOVES ás 20:00
Curso de DEBUXO, todo-los MÉRCORES ás 10:00
Proxectados para os próximos meses:
Curso de Linux
Guitarra eléctrica
Curso de diseño gráfico con software libre
Curso de iniciación ó linguaxe de signos
Vos podedes apuntar e recibir máis información no local da asociación ou no correo xogodescuberto@hotmail.com
Unha aperta.
Xogo Descuberto.
Este venres no local da Asociación Cultural Xogo Descuberto a partir das 21:30 o espéctaculo Erosión Inducida.
Estades todxs invitadxs
A Radio Piratona (106.0 Fm Ria de Vigo) organiza un novo concerto para recaudar fondos para a autoxestión do colectivo... Desta volta será na sala A FARANDULA na Praza de Portugal (Antigo Patatús) de Churrruca (Vigo). A hora de comezo do concerto será as 23:00 e tera un coste de 5€ (destinados á radio)
Estarán tocando:
SIERVOS DE NADIE HC-Punk dende Coia. Recén chegados de unha mini xira europea na ke se deixaron caer por francia, suiza e italia, ademais de varias fechas pola peninsula... www.myspace.com/siervosdenadie
PRAP´SHardcore old school dende Ourense. Unha das mais velhas bandas galegas ke todavia están en activo. Das pioneiras no estado dentro do seu estilo e ke siguen mantendo vivo akel espiritú... www.myspace.com/praps
AKRATAPunk-rock dende Vitoria-Gasteiz. Segunda vez ke actuan estes cracks para a Radio Piratona! Pedazo de grupo e pedazo de xente! xa van para 15 anos nos escenarios e teñen mogollon de material editado. para mais info: www.myspace.com/akrata
Xa sabedes! Tedes unha cita obligada coa RADIO LIBRE! Ademais, haberá sorteos de camisetas da radio (modelo 09) coa entrada. Reenviade este mail entre os vosos contactos e axudadenos a darlle a maxima difusion posible ao acto!! A web da piratona está actualizada!! xa podedes escoitar os ultimos audios da radio dende a web!! www.sindominio.net/piratona
Pois si, os rumores son certos! Levábamos tempo desaparecidos, xa que decidimos constituila Asociación Cultural Xogo Descuberto e comezar a traballar para ter por fin un local social no noso barrio onde desenrolar parte das nosas actividades e mailas de quen o precise. Estará situado no vello centro comercial 2, en Coia (rúa Salvaterra 13), e proximamente poderemos inaguralo con todolXs que vos acheguedes.
Ben, este número 7 atrasousenos un pouquiño...de máis. Pero máis vale tarde que nunca, así que non o dubidedes e buscade xa a nova revista de Xogo Descuberto.
Con este lema ¨A Cultura Preokupa¨, leva en activo dende Marzo do ano pasado a Casa Ocupa das Atochas na Coruña. Cerca dun ano no que levaronse a cabo infinidade de proxectos de todo tipo. Pero agora, as chinchetas do mapa inmobiliario acechan a zoa das Atochas e semella que a casa Ocupa o ten compricado fronte a especulación existente no barrio.
Nós estivemos alí fai uns meses co galo do concierto de Moho, e fixemos unha entrevista a Hector e Emilio quenes levan o asunto das actuacións, fomos tratados coma un máis, e o pasamos de puta nai no concerto.
Dende aquí mostramos o noso apoio á Casa Das Atochas, porque tamén nos Preokupa a Cultura. Sorte en todo o que venga, esperemos que a pesar da presión aguantedes un bo tempo con proxectos como os que fixestedes ata agora.
http://aculturapreokupa.blogaliza.org/



Pois os compas do colectivo O Guindastre están de inauguración, xa que estrean local social no seu barrio, en Teis, este venres. Terá lugar dende as 5 da tarde ata as doce da noite. Desexámoslle moita sorte no seu novo proxecto, e alí nos vemos!
Custounos pechalo cartaz, pero velaí o tedes. Coma sempre unha mostra da escena musical local, e desta vez incluso algunhas formacións feitas para a ocasión. Festa asegurada na xa sexta edición da nosa festa do bigote. Alí nos vemos.

Deixámosvos a convocatoria da manifestación do día 30 e enlazamos os dez motivos e as alternativas que se propoñen e tamén o video informativo.
Arrincamos por fin! Un proxecto con intención de continuar; así que admítense propostas ou colaboracións para a seguinte en tódolos ámbitos. Para calquera cousa, xogodescuberto@hotmail.com.
Deixamos máis información sobre as proxeccións que nos ofertan as compañeiras da Cova:
Martes 28 de outubro:
Retransmisión en directo dende a Sala Apolo, Barcelona: Os "oXcars", primeiros premios internacionais da cultura libre.
O maior evento internacional da cultura libre de todos os tempos. Unha gran gala non profit aberta a todos.
Máis de 100 artistas involucrados…un total de 16 actuaciones…7 horas non-stop de cultura libre…
+info: http://exgae.net/los-oxcars
Mércores 5 de novembro:
Copyright 2.0" de Daniel Muños e Ruth Ponce, 2006. 35min.
Documental Creative Commons. Un grupo de amigos está a montar un grupo, comezan a definirse, nome, primeiros concertos, e inician unha exploración para coñecer todas as opcións sobre dereitos de autor.
+ info: http://www.broncoillustration.com/copyright_2_0/