lunes, septiembre 28

Xornadas pola cultura livre [Terceira semana]‏

Continuamos! Ademais das actividades programadas para esta fin de semana, podedes velas duas primeiras exposicións de cultura livre destas xornadas, moi recomendabeis:

-Exposición a cargo do Grupo Arbeit na Cova dos Ratos.
-Exposición de fotografía a cargo de Jato no CSA Xogo Descuberto.

Imos logo coa programación:

Dia: Venres 2:
Lugar: C.S. Xogo Descuberto (Coia)
Hora: 19:30

Palestra - "Alasbarricadas.org vs SGAE"

Dia: Venres 2:
Lugar: C.S. Xogo Descuberto (Coia)
Hora: 21:30

Cantautor "Chicho"

Dia: Sabado 3
Lugar: C.S. O Guindastre (Teis)
Hora: 18:00

Palestra/Mesa redonda - "Contrainformacion na rede"
Indymedia Gz
Alasbarricadas.org
La haine


Dia: Sabado 3
Lugar: C.S. O Guindastre (Teis)
Hora: 22:00

Cantaurores:
Breo
O Leo I Arremecaghona



lunes, septiembre 21

II Xornadas pola Cultura Livre: 2ª semana

Trala súa presentación a anterior fin de semana, a xornadas van collendo forma; ahí vai a programación para a segunda semana.

Xoves 24: “Editoriais livres”

-Na Cantina Candela (rúa Martín Códax), as 20:30, teremos a Editorial Estaleiro, presentando o seu proxecto de editorial independente, as súas novidades e unha exposición do seu material.

Venres 25: “Visionadas livres”

-No C.S. A Cova dos Ratos (rúa Romil), as 20:30, visionada do filme creative commons Oceanía, con subtitulos inéditos en galego.
Pintxos

Venres 25: “Música livre”

-As 23:30, cita obrigada na farándula, co concertazo de Hip Hop a cargo de:

Trasnos de Moscoso
Beatus Ille
Track Asedio
Furnier

A entrada será de 5 euros, destinada a autoxestión destas xornadas.


Xornadas pola Cultura Livre: Manifesto

Por segundo ano consecutivo se convocan as “Xornadas pola Cultura Libre” coa intención de seguir desenrolando tecido. Afrontamolas con moita ilusión e se cabe máis compromiso e ambición cada dia que pasamos artellandoas. Cada dia creemos mais nelas por que estamos convencidxs de que estamos no caminho correcto.Tal vez o fin principal das xornadas non sexa outro que potenciar a cultura livre e aprender xs uns/unhas dxs outrxs. Pero non é o unico. Tal vez, tamen, crear unha rede de persoas, colectivos, radios livres e centros sociais que aposten pola cultura ao marxe de ningunha intencion mercantilista nin lucrativa. Livre e non prohibitiva, accesible. Cun caracter aberto e critico. Constructiva e reinvindicativa... Unha rede consecuente coa luita de quenes creemos na accesibilidade ás ferramentas que creamos as persoas para mellorar e avanzar cara un mundo máis xusto... Unha rede comprometida na defensa da libre creación e, polo tanto, coa libre expresión.E esto se consigue apoiando, difundindo ou simplemente utilizando a cultura livre como usuarixs habituais. Deste xeito, pretendemos criticar un sistema egoísta e represor, tamén e dunha forma clara, coa cultura de base. Un sistema ao que solo lle interesa a cultura como un medio de producir cartos. Como un sucio negocio encaminado nada mais que a crear beneficios economicos a uns/unhas poucxs por enriba das ilusions de muitxs outrxs. Un sistema que desprecia a cultura degradandoa ao nivel de constituir un elemento mais a consumir dentro da sua salvaxe explotacion comercial. A historia recente mostra, con exemplos como os logros obtidos polo software libre, que o poder creativo, intelectual e cultural dos inmensos colectivos ao que dan lugar as redes de telecomunicacions non poden ser despreciados. O acceso universal á cultura beneficia tanto ao público como xs creadorxs. Ninguen é quen de poseer nin os nosos pensamentos nin as nosas ideas. Sabemos ben o que queremos e como o queremos.O acceso a calquera manifestacion cultural ten que ser publico, non solo para uns/unhas cantxs priviliexiadxs que manexan cartos. A cultura dos pobos é o seu propio motor. Non debemos permitir que nos poñan freno.Non queremos unhas xornadas con unha limitacion no tempo se non que temos que facer que o dia a dia faga innecesario este tipo de actividades.Buscamos a implicacion e a participacion de todxs aquelxs deseñadorxs, músicxs, actores e actrices, fotografxs, escritorxs,... con algo que expresar. Con sentimento e sen avaricia. Calquera que posúa,entre as suas inquedanzas, o afán de ensinar e aprender, de crear e construír. Sempre apostando por unha cultura accesible e aberta a todxs.
O cambio de nome (antisgae>pola cultura livre) ven dado por un cambio de enfoque. O ano pasado se denominaron AntiSgae e creimos que para este ano o mellor era nonposicionarnos en contra de ninguen directamente, se non que, mais ben, queremos apostar por unha cultura nosa. Da rúa e da xente. Ao marxe de codiciosos dereitos de autor.O noso obxetivo e crear cultura, potenciala e difundila. Non lles imos a dar mais cancha.
As xornadas do ano pasado xiraron, tal vez en exceso, demasiado en torno ao mundo da musica. Para este ano, dende o primeiro instante nos propuxemos ampliar o campo de actuacion pasando a outros ambitos como son o teatro, fotografia, audiovisual, software, literatura, ... Sen deixar de lado outras manifestacions artisticas como poden ser o Skate e Bmx, Graffittis, collages, ... Esto supón un reto para a organizacion xa que muitxs non controlabamos directamente a artistas en todos estes ambitos.
As xornadas son plenamente autoxestionadas. Como non podia ser de outro xeito, non recibimos, nin pedimos, nin queremos, ningun tipo de axuda institucional. Nos financiamos directamente das actividades que nos mesmxs creamos, sendo practicamente todos os actos gratuitos agás alguns concertos nos que habera unha aportacion en forma de entrada para poder sufragar os gastos que conlevan os desplazamentos das bandas, colectivos e individualidades participantes. No caso de que por un casual, estas actividades xeneren algun beneficio economico ao final das xornadas, estes cartos irán destinados a un bote pola cultura livre, e no caso de non necesitalo ao longo do ano, quedaran destinados a financiar as vindeiras xornadas.
Ningun dos colectivos, agrupacions teatrais, bandas musicais cobra un peso e se estan a comprometer con estas xornadas dun xeito altruista. Polo amor ao arte, nunca mellor dito.

jueves, septiembre 17

Xornadas pola Cultura Livre

Informamos de que mañá ás 18:00 na Radio Piratona (106.00 FM), e as 21:00 horas no CSA A Cova dos Ratos (Rúa Romil), presentaremos as II Xornadas Pola Cultura Livre. Informaremos do programa no que levamos meses traballando xunto con outros colectivos e centros sociais e que chegará con todo tipo de actividades culturais ata decembro. Trataremos de informar semanalmente de todo o que estamos a artellar, e podedes botarlle unha ollada a web conxunta e feita especialmente para estas II Xornadas: www.culturalibre.arkipelagos.net; que tamén se irá actualizando con toda a programación.